Escoitar

ÁREA DE EMPREGO

CONVOCATORIA DAS AXUDAS Á CONTRATACIÓN E MELLORA DO EMPREGO<br /> DA MOCIDADE VIGUESA 2017<br />

venres, 26 mai 2017
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 27.04.2017, a proposta da Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2017 das Axudas á Contratación e Mellora do Emprego da Mocidade Viguesa.

Obxecto: concesión de axudas ás empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, distintas da administración pública e entidades sen ánimo de lucro, que cumpran cos requisitos e obrigas establecidos nas bases reguladoras e a convocatoria, a través dos programas de axudas seguintes:

A) Programa de incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos (Programa Indefinidos) realizados a persoas traballadoras menores de 30 anos (no momento da transformación da modalidade do contrato), empadroadas no municipio de Vigo, para prestar servizos no mesmo.

B) Programa de incentivos á contratación (Programa Contratacións), por conta allea, de persoas traballadoras menores de 30 anos desempregadas inscritas como demandantes de emprego na oficina do Servizo Público de Emprego, empadroadas no municipio de Vigo, para prestar servizos no mesmo, e que accedan ao seu primeiro emprego ou a súa experiencia laboral sexa inferior a 365 días.

Publicación das Bases Reguladoras da convocatoria: BOP núm. 84 do 3 de maio de 2017.

Publicación do extracto da convocatoria: BOP núm. 93 do 16 de maio de 2017.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 8 de agosto de 2017.

Información: Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos. Praza do Rei, 1 – 4ª planta. Tfno.: 986 810 232 / 986 810 304
As bases reguladoras das axudas e os anexos para a solicitude, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo e na web: www.vigo.org.