O alcalde asegura que "cada axente da Policía Local na rúa é garantía de seguridade"
O alcalde eloxiou esta mañá a labor da Policía Local e trasladoulles a todos os axentes "o orgullo dos 300.000 vigueses polo seu compromiso coa cidade". Durante os actos que conmemoran o Día da Policía Local, este ano entregouselle a Cruz de Ouro do mérito policial á viúva e aos fillos de José Luis Garea, axente local de Carballo, falecido en acto de servizo cando realizaba un control preventivo de alcoholemia.