Escoitar

Caballero valora o "éxito" colleitado por "Emporium: Mil Anos de Comercio en Vigo"

O Concello clausurou esta semana a mostra "Emporium: Mil Anos de Comercio en Vigo", aberta no Museo Verbum en xuño do pasado ano. O alcalde enxalzou o "éxito extraordinario" e a "gran calidade" da exposición, que "pon de relieve a historia de Vigo nos mil primeiros anos da era cristiá".

mércores, 24 mai 2017
"Emporium: Mil Anos de Comercio en Vigo" presentaba mil anos de relacións comerciais da cidade, salientando o papel destacado que xa xogaba Vigo nas comunicacións marítimas do noroeste peninsular co resto do mundo coñecido. O alcalde recordou que esta proposta museística municipal percorría a historia a través de obxectos arqueolóxicos, un total de 200, restaurados e documentados expresamente para a ocasión.

En rolda de prensa, Abel Caballero avanzou que o goberno de Vigo deseña unha nova estrutura para os museos da cidade. Sen desvelar aínda detalles, apuntou que este novo deseño da rede museística será "máis moderno e acompasado ás necesidades da cidade".