venres, 26 mai 2017
O alcalde de Vigo lamentou a decisión do Congreso dos Deputados de aceptar unha emenda orzamentaria que atrasa ata 2025 a finalización a variante do AVE por Cerdedo. Nesa proposta adiántanse outros tramos de toda España, mentres que a conexión de Vigo postérgase dous anos máis, pasando a data de finalización de 2023 a 2025. <br />
venres, 26 mai 2017
Na presentación do "Atlantico Express", a viaxe en tren entre Vigo e Oporto para promover os festivais da provincia, o rexedor puxo en valor a importancia destes eventos musicais que "se enraízan nas festas" populares.
venres, 26 mai 2017
Caballero informou este venres da clasificación de ofertas -antiga clasificación provisional- para a xestión dos campamentos de verán deste ano. O Concello ofrece máis de 25.000 prazas de campamentos e actividades de ocio e deportivas, ás que engade ademais dous cursos a impartir na Escola Municipal de Teatro.
venres, 26 mai 2017
Por segundo ano consecutivo, Vigo será a primeira parada do Tour de presentación da "Escola de Rock", proxecto promovido polo concello portugués de Paredes de Coura. Será mañá sábado, ás 18,00 h.
venres, 26 mai 2017
CONVOCATORIA DAS AXUDAS Á CONTRATACIÓN E MELLORA DO EMPREGO<br />
DA MOCIDADE VIGUESA 2017<br />