O rexedor eloxia a "nova dimensión" coa que a Deputación aborda o turismo e o ocio
Na presentación do "Atlantico Express", a viaxe en tren entre Vigo e Oporto para promover os festivais da provincia, o rexedor puxo en valor a importancia destes eventos musicais que "se enraízan nas festas" populares.
A estación de tren de Vigo-Guixar acolleu este venres a presentación da experiencia "Atlántico Express" que promove a Deputación de Pontevedra e que se desenvolve o 3 de xuño cunha viaxe entre Vigo e Oporto para dar a coñecer os festivais das Rías Baixas e degustar os mellores produtos gastronómicos.
No acto, Abel Caballero felicitou á presidenta Carmela Silva pola modernidade da proposta, que emprega o tren como "medio de transporte e modo de comunicación e expresión" da cultura, da música e da diversión así como pola "forma de propoñer unha nova dimensión coa que entender o ocio e o turismo" dende o ente provincial. Amais salientou o Marisquiño, dentro da variedade de festivais da provincia por ser unha "manifestación vital da cidade".
Pola súa banda, a presidenta da Deputación destacou a participación de blogueiros, instagramers e xornalistas galegos e portugueses neste proxecto de "música, gastronomía, vangarda e orgullo de nós mesmos". No traxecto, gozarán de música en directo e degustarán produtos da gastronomía da provincia. Os representantes dos oito festivais da provincia de Pontevedra (O Marisquiño en Vigo, Cultura Quente en Caldas, SonRías Baixas en Bueu, As Revenidas en Vilaxoán, Atlantic Fest na Illa de Arousa, Sinsal na Illa de San Simón, Vive Nigrán, Portamérica e o festival en Cambados, novidade este ano, para celebrar que foi nomeada cidade europea do viño) aludiron ao retorno económico e turístico que supoñen estes eventos para a provincia e ás sinerxías que se producen coa unión de todas as citas ao abeiro da iniciativa da Deputación.
Descargar todas as imaxes