Escoitar

EDICTO LIXO

<br />

venres, 26 mai 2017
pERÍODO VOLUNTARIO DE COBRANZA


O concelleiro delegado de orzamentos e facenda do Concello de Vigo decretou o 23 de decembro de 2016 o calendario do contribuínte para o exercizo 2017 sinalando o período voluntario de cobranza da TAXA POLA RECOLLIDA DO LIXO NAS VIVENDAS DO EXERCICIO 2017 entre o 1 de xuño de 2017 e o 7 de agosto do 2017, ambos os dous incluídos.

Forma de pagamento: Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un aviso de pagamento para tal fin, poderán efectuar o ingreso por algún dos seguintes medios:

A través de internet, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), pulsando na pestana "trámites mais comúns", opción "pagamento de recibos". Este servicio será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.
Nos caixeiros automáticos das entidades financeiras colaboradoras na recadación municipal que teñan habilitada esta opción.
En calquera oficina das seguintes entidades colaboradoras na recadación:

ABANCA
BANCO PASTOR
BANCO POPULAR
BANCO SABADELL
BANCO SANTANDER
BBVA
CAIXABANK
IBERCAJA BANCO
NOVO BANCO

As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán obter un duplicado a través de internet, dende a páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), pulsando na pestana "trámites mais comúns", opción "impresión de recibos", ou ben en calquera oficina da entidade ABANCA.

Rematado o período voluntario, a recadación efectuarase polo procedemento de constrinximento sendo esixibles neste suposto as recargas do período executivo, xuros de mora e costas do procedemento (artigo 161 LXT).