O túnel de Gregorio Espino, cortado ao tráfico dende o 1 de xuño
Con motivo da realización de obras de humanización, dende o próximo venres 1 de xuño e ata o 9 de xuño, o túnel permanecerá cortado ao tráfico nos dous sentidos de circulación e, ademais, quedará prohibido o estacionamento na rúa Gregorio Espino para liberar o carril de estacionamento e permitir así o tránsito dos vehículos nese espazo. Segundo explicou o alcalde, os cambios e desvíos estarán sinalizados e haberá persoal da policía controlando a situación.