xoves, 25 mai 2017
O alcalde e a tenente de alcalde presentaron este xoves as actividades complementarias á edición deste ano do programa de medianeiras e arte urbana, un "énfase especial en toda a acción cultural" que inclúe obradoiros para os pequenos, arte en colexios, xornadas, concertos e un mural especial en favor da loita contra a violencia de xénero.
xoves, 25 mai 2017
A Xunta de Goberno local aprobou este xoves o convenio de colaboración do ente provincial e o Goberno de Vigo para o desenvolvemento do festival "O Marisquiño 2017", que se celebrará entre o 11 e o 13 de agosto.
xoves, 25 mai 2017
Xa está en marcha o Programa municipal de Escolas Deportivas Achégate ao deporte 2017 cunha oferta de 5.000 prazas en 34 modalidades diferentes. Ten un orzamento de 300.000 euros e oferta actividades para nenos e nenas de entre 6 e 18 anos.
xoves, 25 mai 2017
No inauguración da I Xornada Galega de Enfermería de Saúde Mental, organizada por AEESME no Edificio Municipal do Arenal, Abel Caballero felicitou aos profesionais deste ámbito sanitario polo seu labor diario e amosoulles o seu afecto e respecto polo traballo que desenvolven cunhas doenzas que "ata hai moi pouco tempo se ocultaban". O alcalde destacou a importancia de facelas visibles para avanzar na súa abordaxe e tratamento. Ademais, deu a benvida a Vigo a todas as persoas asistentes e convidounos a gozar da estadía nunha cidade "hospitalaria e extraordinaria".
xoves, 25 mai 2017
Con motivo da realización de obras de humanización, dende o próximo venres 1 de xuño e ata o 9 de xuño, o túnel permanecerá cortado ao tráfico nos dous sentidos de circulación e, ademais, quedará prohibido o estacionamento na rúa Gregorio Espino para liberar o carril de estacionamento e permitir así o tránsito dos vehículos nese espazo. Segundo explicou o alcalde, os cambios e desvíos estarán sinalizados e haberá persoal da policía controlando a situación.