Escoitar

Goberno local e CEP coinciden na necesidade de contar con AVE directo por Cerdedo

O alcalde de Vigo e o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, coincidiron esta mañá en defender a importancia de que Vigo teña conexión directa con Madrid por alta velocidade. En declaracións aos medios, Caballero reiterou que o Concello iniciará as mobilizacións cidadás para reclamar esta infraestrutura cun concerto da Coral Casablanca na Porta do Sol.

martes, 23 mai 2017
1495543295cep.jpg
Caballero e Cebreiros repasaron a situación da cidade e coincidiron en reclamar o AVE directo a Madrid desde Vigo como una infraestrutura fundamental. En posteriores declaracións, o rexedor avanzou que manterán contactos periódicos porque "compartimos unha visión do que é importante para a cidade". Logo de anunciar que aceptará participar nun almorzo con empresarios na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra, alertou sobre a presencia de sectores empresariais alleos a Vigo "que intentan paralizar opcións nesta cidade", coa pasividade "absoluta" da Xunta de Galicia.

Caballero lembrou que o Concello vai iniciar de xeito inmediato as mobilizacións cidadás para reclamar esta infraestrutura. Como xa anunciara, a primeira das accións vai ser un concerto da Coral Casablanca na Porta do Sol. Durante a súa intervención, asegurou que o tren de alta velocidade cara Vigo está paralizado pola inacción do Goberno Central que non avanza na tramitación de impacto ambiental na que leva estancado moito tempo.
Descargar todas as imaxes