O Concello promove as accións que converterán maio no mes da bici na cidade
Maio será o mes da bicicleta na cidade coa posta en marcha de Vive Vigo en bici, iniciativa organizada por A golpe de pedal co patrocinio de Concello e Deputación. Na rolda de prensa de presentación, o rexedor reiterou o compromiso do goberno local na promoción da bicicleta como vehículo de transporte e forma de vida saudable.
Coincidindo co día mundial da bicicleta, que se conmemora mañá mércores, 19 de abril, o alcalde participou esta mañá na presentación das actividades incluídas en Vive Vigo en bici, organizadas por a Golpe de Pedal baixo o patrocinio de Concello e Deputación de Pontevedra. O rexedor avanzou que a bicicleta na cidade "é un obxectivo que nos marcamos como un logro que queremos conseguir". Primeiro, aclarou, conseguimos un mellor tráfico, despois impulsamos as motos e agora é o momento das bicicletas, como forma de vida saudable e como transporte. A este respecto anunciou que en pouco tempo vaise iniciar a licitación do carril bici desde Teis a Samil, unha obra que supera os 3 millóns de euros. Unha vez rematada esta primeira actuación, acometeranse outros dous carrís, aclarou.
Vive Vigo en bici arrancará o 23 de abril coa marcha Bicis na primavera, organizada polo Clube Ciclista Vigués, e seguirá os domingos 30 de abril, 14 e 21 de maio con Rutas bicicultura, que son visitas en bici ao Museo Sallinae, ao Museo do Mundo Romano Mirambell e ao Museo de Castrelos. O 7 de maio chegará a quenda de Decabike, en Samil, con diferentes actividades vinculadas coa bicicleta. Finalmente, a décima edición de A Pedaliña comezará o 27 de maio, con actividades infantís no parque de O Castro e rematará o domingo 28 de maio cunha marcha ciclista de 18 quilómetros que partirá da Porta do Sol ás 11,00 h.
Ademais, entre o 28 de abril e o 28 de maio, organizarase unha exposición de bicicletas antigas no Centro Comercial A Laxe, onde se exhibirá unha das mellores coleccións de España. Outra das novidades deste ano pasa por colaborar coa ONG Acnur, de axuda ao refuxiado.
Na rolda de prensa tamén estiveron presentes, ademais de José Manuel Suárez, de A Golpe de pedal, Alejandro Costa, de Bicicleando; Espe Simón, do Clube Ciclista de Teis; María José Prado, do Clube Ciclista vigués; Begoña Carpintero, da Federación Galega de Ciclismo; e José Antonio Ramos, representante de Cogami, entre outros moitos afeccionados e amantes do ciclismo.
Descargar todas as imaxes