Caballero pide unha reforma constitucional que recolla "con nomes e apelidos" as competencias municipais
Na súa intervención no Foro de debate "La España necesaria", reclamou para os gobernos locais o uso do superávit xerado nas súas contas de anteriores exercicios e pediu "recoñecemento" para a Administración máis eficaz. Reivindicou que os concellos son a administración que mellor se adaptou á modernidade porque "a cidadanía atopa o seu espazo nas cidades".