venres, 21 abr 2017
O alcalde achegouse esta mañá ao Peirao de Trasatlánticos para participar na botadura dunha plataforma flotante que xera enerxía eléctrica a partir das mareas e das correntes mariñas. Durante o acto, Caballero felicitou aos promotores dun proxecto que "enche de orgullo" a toda a cidade.
venres, 21 abr 2017
Abel Caballero explicou este venres que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases e convocatoria do programa de axudas municipais á creación de empresas constituidas entre abril de 2016 e marzo deste ano. Na edición anterior, 27 compañías beneficiáronse deste programa.
venres, 21 abr 2017
As probas realizaranse no Instituto Universitario de Microgravidade da Universidade Politécnica de Madrid onde a maqueta coa estrutura completa do estadio será sometida á simulación de diferentes ventos para comprobar a súa resistencia.
venres, 21 abr 2017
Abel Caballero saudou este venres a un grupo de 16 alumnos de Bacharelato procedentes dos Estados Unidos que están realizando un intercambio co Colexio Miralba e que pasarán as dúas próximas semanas coñecendo a cidade e a súa contorna e mellorando o seu coñecemento do idioma. O rexedor deulles a benvida a Vigo e desexoulles unha feliz estancia e aprendizaxe na "cidade máis fermosa do mundo, na cidade da economía e do emprendemento".
venres, 21 abr 2017
O servizo de Participación Cidadá, debido a demanda da cidadanía, organiza na aula de formación TIC (CeMIT) da rúa Oporto, 1 os seguintes cursos:
venres, 21 abr 2017
O servizo de Participación Cidadá, debido a demanda da cidadanía, organiza na Oficina Municipal de Distritos de Teis, no Cño. Maceiras, os seguintes cursos