Caballero transmite "o orgullo da cidade" pola botadura da plataforma mariña Magallanes Renovables
O alcalde achegouse esta mañá ao Peirao de Trasatlánticos para participar na botadura dunha plataforma flotante que xera enerxía eléctrica a partir das mareas e das correntes mariñas. Durante o acto, Caballero felicitou aos promotores dun proxecto que "enche de orgullo" a toda a cidade.
Abel Caballero participou esta mañá no acto organizado con motivo da botadura da plataforma mariña Magallanes Renovables organizado esta mañá no Peirao de Trasatlánticos. Trátase dunha plataforma flotante para a xeración de enerxía eléctrica a partir das mareas e das correntes mariñas, a primeira deste tipo con acceso á sala de máquinas.
Durante a presentación, o rexedor trasladou aos promotores "o orgullo de toda a cidade" con este proxecto de investigación porque se trata dunha iniciativa de gran envergadura o que se está a conquistar o futuro. Felicitou aos responsables de Magallanes Renovables e a todos os que participaron porque "un proxecto tan complexo só está ao alcance de xente con gran capacidade tecnolóxica e enorme vocación empresarial"
No acto tamén participaron, ademais dos responsables da empresa e socios colaboradores, a secretaria de Estado de Economía, Irene Garrido, e o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga.
Descargar todas as imaxes