O goberno de Vigo probará a resistencia ao vento da cuberta de Balaídos a próxima semana en Madrid
As probas realizaranse no Instituto Universitario de Microgravidade da Universidade Politécnica de Madrid onde a maqueta coa estrutura completa do estadio será sometida á simulación de diferentes ventos para comprobar a súa resistencia.
O alcalde informou este venres do inicio a vindeira semana das probas aerodinámicas en túnel de vento da cuberta da grada de Río do Estado Municipal de Balaídos, que permitirán para ter "absolutamente comprobada a resistencia da cuberta da grada" ante os temporais, que son un factor habitual.
As probas realizaranse no Instituto Universitario de Microgravidade da Universidade Politécnica de Madrid onde está o "grande túnel de vento de España". Nel introdúcese a maqueta coa estrutura real completa do novo estadio, na que se colocaron uns sensores en diferentes ámbitos da cuberta e simúlanse ventos de distintas velocidades, direccións, racheados e permanentes para que ao longo dos dous días que durarán as probas, se poida medir a resistencia da cuberta.
Caballero apuntou que con este procedemento, o Concello segue adiante coa obra de Río, que continúa "a boa marcha".
Pleno de Zona Franca
O rexedor deu conta do cambio de data do Pleno de Zona Franca para a aprobación dos convenios da Cidade do Mar, que será finalmente o próximo mércores 26 de abril ás 16,00 horas da tarde, xa que o martes, como estaba previsto inicialmente, coincide co Pleno da FEMP que se celebra cada último martes de mes.