Escoitar

O goberno local realiza obras en colexios públicos por máis de 1,5 millóns de euros

O Concello inviste este ano máis de 1,5 millóns de euros en obras de mellora en distintos centros de infantil e primaria de Vigo. Caballero salientou os 600.000 euros adicados á cubrición dos patios dos colexios Virxe do Rocío, Carballal e Canicouva.

martes, 18 abr 2017
O Concello xa ten en marcha as obras a realizar durante os próximos meses en diferentes colexios de educación infantil e primaria cun orzamento que ascende medio millón de euros. Ademais, outra parte destas obras se realizarán a través do programa Vigoemprega, segundo o cal xa están en marcha melloras nos centros Santa Tegra e Frián e en breve arrancarán no García Barbón, no Eduardo Pondal, no Vicente Risco, O Sello, Pardo Bazán, Balaídos, Lope de Vega, Carballal, Igrexa Valadares, Carrasqueira, Vicente Risco e máis o Escultor Acuña.

Por outra banda, os orzamentos municipais reservan case 500.000 euros para obras de mantemento en colexios (sen incluir gastos de calefacción nen luz) e o Concello adicará outros 600.000 euros á cubrir os patios dos colexios Virxe do Rocío, Carballal e Canicouva.

"Estamos empregando máis de millón e medio de euros en atención aos colexios públicos de Vigo, que é competencia e obrigación da Xunta de Galicia", concluíu o alcalde.