Escoitar

O alcalde di que a cifra de visitantes en Semana Santa consolida Vigo como unha cidade turística

Vigo rexistrou unha ocupación turística sen precedentes na cidade, con incrementos dun 35% nas visitas á Oficina Municipal e dun 50% no uso do bus turístico. Esta cifra de visitantes, "sen precedentes na cidade", certifica o éxito da pretensión de facer do turismo un piar importante na economía de Vigo.

luns, 17 abr 2017
O número de demandantes de información na Oficina Municipal de Turismo – un millar de persoas aproximadamente- creceu esta Semana Santa nun 35% respecto a 2016, unha cifra que se eleva ao 50% cando falamos dos usuarios do bus turístico. Estes datos, "sen precedentes na cidade", explicou hoxe o rexedor, certifican o éxito da pretensión de facer de Vigo unha cidade turística, "que xa forma unha parte importante da nosa economía". En declaracións aos medios, Caballero avanzou que nun espazo breve de tempo o Concello presentará o documento inicial da andadura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, "para seguir na senda de crecemento do turismo como unha peza importante da economía".