Escoitar

O Concello creará unha nova zona peonil coa humanización da rúa Llorente

O alcalde de Vigo visitou este luns os traballos de reforma que acomete o goberno vigués na rúa Llorente, un vial que leva "medio século desatendido, roto" e que está a ser humanizada "nas condicións que corresponde". Caballero explicou que a remodelación manterá un carril único e creará unha nova zona peonil na rúa.

luns, 17 abr 2017
1492431952llorente.jpg
En declaracións aos medios durante a visita, Abel Caballero explicou que a rúa Llorente estaba "desatendida, rota" e "leva así medio século, en mala situación", polo que o goberno de Vigo está a levar adiante "unha humanización nas condicións que corresponde".

Na súa primeira fase, explicou o alcalde, a humanización da rúa Llorente chegará ata a zona do Barrio do Cura, uns 150 metros de actuación. Caballero recordou que a veciñanza da rúa pedira cunha pancarta esta humanización, que "formaba parte da planificación" municipal.

A remodelación contempla a instalación de bancos, papeleiras, novos puntos de luz LED, arborado e xardineiras, xunto coa renovación das canalizacións soterradas, unha "parte moi importante" das humanizacións, en verbas de Caballero. A rúa conservará un carril único de circulación e habilitará unha nova zona peonil na rúa.
Descargar todas as imaxes