O Concello prevé acondicionar o Pazo Raposeira como centro de orientación sociolaboral
A Xunta de Goberno deu luz verde á proposta de rehabilitar o Pazo Raposeira e convertelo nun centro de orientación sociolaboral e formativa, a través de fondos europeos. Con ese obxectivo, aprobouse o proxecto VIGO ACOLLE -cun orzamento de 3,2 millóns de euros- no que participarán Deputación de Pontevedra e Universidade, baixo a coordinación municipal.
O goberno local aprobou o proxecto VIGO ACOLLE para rehabilitar o Pazo Raposeira dentro da convocatoria do programa FEDER 2014-2020. O obxectivo é crear unha nova infraestrutura dentro dese espazo municipal para desenvolver actuacións integrais de inclusión de poboación que vive ou traballa na área de Vigo e prestarlles servizos de orientación sociolaboral e formativa. Esta actuación permitirá ademais, dixo o rexedor, recuperar un dos pazos históricos da cidade.
Será o Concello o que coordine esta iniciativa, na que tamén están presentes a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo. O custo total do proxecto é de 3,2 millóns de euros dos que o 80% estará financiado por fondos europeos e o restante será asumido en case un 90% por Concello e Deputación, mentres que a Universidade asumirá en torno a un 8% do custo.