martes, 11 abril 2017

O alcalde anima a participar o 23 de abril na II Carreira de obstáculos pola integración en Vigo

martes, 11 abr 2017

Concello, Fundación Abrente e Obra social "la Caixa" promoven en Vigo unha nova edición do Proxecto ENKI coa II Carreira de Obstáculos pola Integración que terá lugar o próximo 23 de abril. O prazo de inscrición xa está aberto e todos os fondos recadados irán destinados a proxectos que promoven a inclusión de persoas con discapacidade funcional a través do deporte.

Concello e Deputación promoven o viño da provincia no Atlante Wine Forum 2017

martes, 11 abr 2017

O concelleiro e deputado provincial Santos Héctor participou esta mañá na presentación da terceira edición do Atlante Wine Forum 2017 que se desenvolverá en Vigo o próximo luns 17 de abril. Organizado polo Instituto Galego do Viño, a sede de Afundación acollerá unha xornada de encontro, formación e traballo conxunto dos profesionais do viño que desenvolven a súa actividade no noroeste de España e no norte de Portugal.