Escoitar

O goberno local instalará máis de 1,5 quilómetros de canalizacións en Estorniño

O alcalde, Abel Caballero, visitou este martes a humanización da rúa xunto ao edil de Fomento, David Regades. O Concello inviste 872.000 euros na reforma, que inclúe novas canalizacións soterradas de abastecemento, saneamento e pluviais, paneis explicativos sobre aves e un pavimento ecolóxico descontaminante.

martes, 11 abr 2017
1491914311estornino.JPG
Caballero apuntou que o goberno que preside adicará 872.000 euros á humanización dunha rúa "moi deteriorada", unha reforma que presenta un prazo de execución estimado en catro meses e que inclúe a renovación de máis de quilómetro e medio de canalizacións soterradas de abastecemento, saneamento e pluviais.

Como é habitual nas remodelacións de rúas, ademais da mellora dos condutos de servizos baixo terra, a actuación municipal contempla arborado, xardineiras, papeleiras, bancos e puntos de luz LED, enerxéticamente eficientes.

Como elementos singulares desta humanización, o alcalde de Vigo subliñou a instalación dun "pavimento ecolóxico descontaminante", con tecnoloxía que permite a absorción do dióxido de carbono, e paneis informativos sobre paxaros e aves, acorde aos nomes das rúas do barrio.
1491914311estornino.JPG
1491926651estornino.JPG
Descargar todas as imaxes