O goberno de Vigo ten en execución ou en licitación obras por 26 millóns de euros
O alcalde, Abel Caballero, xunto co concelleiro de Fomento, David Regades, visitaron este luns os traballos de humanización que acomete o goberno vigués na rúa Aragón. O Concello ten en execución ou en licitación investimentos por máis de 26 millóns de euros.<br />
Durante a visita, Abel Caballero explicou que a que se está a acometer é a cuarta fase da humanización de Aragón, "parte central deste proxecto de humanizar todo Vigo".
A reforma segue os estándares habituais das humanizacións do Concello, con beirarrúas de granito, renovación das redes soterradas de saneamento e abastecemento, rego e iluminación, con xardineiras, arborado, luz LED, bancos e papeleiras.
A humanización da rúa Aragón é unha das obras que o Concello de Vigo ten actualmente en marcha. O alcalde explicou que o goberno que preside ten actuacións en marcha ou en licitación por importe de 26 millóns de euros. "Seguimos neste proceso de revolución permanente e mellora na cidade de Vigo", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes