Escoitar

As vilas termais reclaman unha nova normativa adaptada as súas necesidades

Abel Caballero comprometeuse a defender desde a FEMP as demandas destes municipios e destacou a necesidade de impulsar a actividade termal pra asentar poboación en nos pequenos municipais. Máis de medio centenar de alcaldes analizan hoxe e mañá o presente e o futuro do termalismo en Caldas de Reis.

venres, 7 abr 2017
1491569133vilatermal.JPG
Elaborar unha nova normativa, moderna e adaptada ás necesidades dos municipios para impulsar a actividade termal é unha das principais demandas prantexadas no XII Encontro das Vilas Termais que esta mañá se inaugurou no concello pontevedrés de Caldas de Reis. A normativa en vigor, establecida na década dos setenta e incluso antes, limita as posibilidades de desenvolvemento dos territorios que contan con recursos termais polo que os participantes no encontro amosaron as súas reivindicacións ao respecto.

O presidente da FEMP, que presidiu a mesa inaugural, manifestou o compromiso da Federación na defensa dese cambio lexislativo e puxo en valor a actividade termal como recurso insustituible nos municipios pequenos e do interior cara ao asentamento da poboación:"necesitamos axuda para fixar a poboación no territorio", asegurou, insistindo en que "temos que meter na nosa acción política novos modos e formas de comunicar". Tamén é fundamental consolidar o aspecto medicinal das augas termais así como o de ocio xa que "esta industria crece porque a demanda tamén está a crecer e o seguirá facendo". Na súa opinión, hai que preparar a nosa oferta para atender esa demanda porque pode supoñer unh fonte de emprego de calidade e alto valor engadido nestes territorios, especialmente nun momento no que existe un elevado interese polas actividades saudables.

Nesta mesa tamén estiveron presentes Juan Manuel Rey, alcalde anfitrión; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz e presidenta da sección Vilas Termais da FEMP, e a directora Xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro. O XII Encontro se prolongará ata mañá sábado pola tarde e culminará coa celebración da Asemblea da Sección na que está previsto aprobar a estratexia e liñas de traballo para o período 2017-2018.
Descargar todas as imaxes