martes, 4 abr 2017
Segundo explicou, coa aprazamento dun ano aprobado pola Xunta de Goberno Local, o Concello manterá os estándares de calidade da limpeza e destinará os catros millóns de euros de aforro a humanizacións e políticas sociais e de emprego. <br />
martes, 4 abr 2017
O rexedor deu conta hoxe da aprobación do proxecto "Vigo polo emprego e a mocidade" e do obradoiro de emprego "Vigo capacita IV" que formará en especialidades de cociña e hostalería a mozas e mozos da cidade. Tamén saíron adiante as bases das subvencións municipais para festas e actividades socioculturais.
martes, 4 abr 2017
Un dos muros laterais de Aspanaex loce un deseño de cor e formas xeométricas que simbolizan pluralidade e integración, tal e como explicou esta mañá o rexedor durante unha visita na que destacou o "gran valor" dun traballo artístico no que participaron usuarios e usuarias do centro.
martes, 4 abr 2017
O Auditorio Municipal acolleu este martes unha nova representación do programa municipal "Magas" que achega ao alumnado de primaria a traxectoria de mulleres senlleiras do ámbito artístico, científico, laboral ou deportivo. Os escolares dos CEIP Javier Sensat, García Barbón, Chans Bembrive e Mestres Goldar coñeceron hoxe a historia da pintora Maruja Mallo e antes recibiron o saúdo de Abel Caballero, quen lles lembrou a importancia da igualdade entre os nenos e as nenas para conseguir unha sociedade mellor.