Caballero promoverá desde a FEMP que as entidades locais poidan gastar o superávit
Abel Caballero confía en que todas as forzas políticas da FEMP apoien unha declaración conxunta para demandar ao Executivo a posibilidade de reinvestir os 7.000 millóns de euros que aforraron as entidades locais en 2016. Con tal obxectivo, convocou o xoves 6 de abril unha Xunta de Goberno da Federación.
O presidente da FEMP reunirá o próximo xoves 6 de abril á Xunta de Goberno da Federación para elaborar unha declaración conxunta de todos os grupos reclamándolle ao Goberno Central que as entidades locais poidan reinvestir os 7.000 millóns de superávit que xeraron no 2016, o que supón un 0,66% do PIB. Así o transmitiu nunha comparecencia conxunta co presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, unha visita enmarcada nunha rolda de contactos que Abel Caballero está a manter por toda España e que o mércores o levará a reunirse coa Federación Catalá de Municipios.
O alcalde de Vigo reiterou a súa "preocupación" pola previsible negativa do Executivo de que as corporacións locais poidan reinvestir o diñeiro que veñen aforrando xa nos últimos 5 anos, cun superávit estrutural de medio punto del PIB, que incluso se incrementou o pasado ano. "Somos os mellores xestores e España cumpriu con Europa grazas as contas públicas das entidades locais", en referencia aos obxectivos de débeda, aos prazos de pago a provedores, "somos un modelo de xestión", concluíu. Criticou a intención do Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, de premiar a comunidades autónomas incumpridoras "mentres non se da resposta á demanda de que cada concello poida adicar o seu superávit a políticas para os veciños en materia de deporte, emprego ou política social". Caballero confiou no acordo de todas as forzas políticas porque "se trata de atender aos nosos cidadáns".
Respecto ao persoal, O presidente da FEMP lembrou que as corporacións locais perderon 96.000 traballadores nos últimos anos que non se lles permitiu repoñer, o que supón que case duplicamos o que o resto das administracións deixaron de renovar. Con estas cifras, desde a FEMP reclaman nestes momentos ter un 100% de taxa de reposición de todos os efectivos que se perdan en 2016 e 2017 e recuperar nos próximos catro anos todos os traballadores que se perderon desde o inicio da crise. Neste punto, Caballero recoñeceu que a oferta do Goberno Central sobre persoal é insuficiente, aínda que mellora a actual situación.
Descargar todas as imaxes