Escoitar

O alcalde valora a cooperación con Fomento para o avance da humanización da Avenida de Madrid

"Unha obra moi importante" cun investimento de 8 millóns de euros que se acometerá en dúas fases coa previsión de que estea rematada no ano 2019. Abel Caballero sinalou os avances que se están producindo no proxecto coa próxima reunión da Comisión de Seguimento este mércores 5 de abril. <br />

luns, 3 abr 2017
O rexedor apuntou este venres que o Concello e o Ministerio de Fomento continúan traballando no proxecto de humanización da Avenida de Madrid, unha "obra moi importante" que se realizará en dúas fases: dende a Praza de España ata San Roque e dende San Roque ata o Seminario.

Segundo expuxo, a "cooperación" co Ministerio é boa polo que se "están dando todos os pasos para que a humanización estea rematada no ano 2019" nunha relación de "profesionalidade". Así, anunciou que este mércores se reúne a Comisión de Seguimento do proxecto na Demarcación de Estradas de Galicia en Pontevedra.

A obra, que terá un orzamento de 8 millóns de euros, incluirá unha obra "dun notable escultor vigués" que servirá para dar a benvida a Vigo a todas as persoas que entren polo sur da cidade.