Escoitar

O Concello imparte formación para a inserción laboral de 185 mozos vigueses

O rexedor deu conta hoxe da aprobación do proxecto "Vigo polo emprego e a mocidade" e do obradoiro de emprego "Vigo capacita IV" que formará en especialidades de cociña e hostalería a mozas e mozos da cidade. Tamén saíron adiante as bases das subvencións municipais para festas e actividades socioculturais.

martes, 4 abr 2017
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto do obradoiro de emprego "Vigo capacita IV" que formará a 20 alumnos nas especialidades de "Cociña" e "Hostalería: restaurante e bar".

O obxectivo do Concello é cualificar aos participantes para acadar a máxima inserción laboral nun sector que demanda actualmente estas profesións. A formación impartirase nas instalacións do CVC de Valladares e ten un orzamento de 300.000 euros.

Ademais, o alcalde explicou este martes que a Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto "Vigo polo emprego e a mocidade" dirixido a persoas de entre 16 e 30 anos, que se desenvolverá desde xullo de este ano a decembro de 2018 cun presuposto de 1.048.928,36 euros. O Concello financiará o 25,07% e os restantes 839.000 euros o Ministerio Presidencia a través del Fondo Social Europeo.

Caballero apuntou que será un programa adaptado ás persoas que participan a través de itinerarios individuais cunha oferta formativa que inclúe a xestión de pemes, o desenvolvemento de páxinas web, axudante de cociña e de camareiro para un total 165 alumnos. Tamén recibirán complementaria en inglés, informática e Internet, igualdade de oportunidades, redes sociais e búsqueda de emprego.

Subvencións para festas
A Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras, a convocatoria e o extracto de subvencións para as festas tradicionais e patronais e o desenvolvemento de actividades socioculturais de artes escénicas realizadas no ano 2017. Cun importe de 100.000 euros, o Concello subvenciona un máximo do 75% do orzamento do programa.

As bases e os formularios están dispoñibles na páxina web www.vigo.org y nos servizos de festas e de información do Concello.