Escoitar

Caballero recalca a importancia da igualdade ante escolares vigueses

O Auditorio Municipal acolleu este martes unha nova representación do programa municipal "Magas" que achega ao alumnado de primaria a traxectoria de mulleres senlleiras do ámbito artístico, científico, laboral ou deportivo. Os escolares dos CEIP Javier Sensat, García Barbón, Chans Bembrive e Mestres Goldar coñeceron hoxe a historia da pintora Maruja Mallo e antes recibiron o saúdo de Abel Caballero, quen lles lembrou a importancia da igualdade entre os nenos e as nenas para conseguir unha sociedade mellor.

martes, 4 abr 2017
1491314404magas.JPG
Descargar todas as imaxes