O Concello inviste 900.000 euros na humanización dun tramo de Rosalía de Castro
O comprendido entre as rúas Canceleiro e Serafín Avendaño, que ten unha lonxitude de 200 metros, e no que se instalaron máis de medio quilómetro de novas tubaxes de saneamento, abastecemento e pluviais.
Abel Caballero visitou este mércores as obras de humanización da rúa Rosalía de Castro, no tramo comprendido entre Canceleiro e Serafín Avendaño, que teñen un importe de 900.000 euros para cubrir 200 metros de lonxitude.
Neste espazo, o goberno municipal instalou máis de medio quilómetro novas tubaxes de saneamento, abastecemento e augas pluviais. Ademais, renovouse toda a rede de iluminación pública con tecnoloxía LED, que dará máis luz e ofrecerá unha "forma distinta de potenciar a iluminación nos pasos de peóns". Creáronse 29 zonas de espazos axardinados de máis de más de 230 metros de superficie verde.
A actuación esténdese a Serafín Avendaño e inclúe a beirarrúa dereita desde Rosalía ata García Barbón para que "quede toda a zona humanizada".
O alcalde explicou que, posteriormente, o Concello continuará as obras por García Barbón ata Isaac Peral e despois ata Sanjurjo Badía e referiuse á "complexidade" destas actuacións que deben ser compatibles co "día a día da cidade".