Pleno da Corporación
A Corporación acorda por unanimidade elaborar un plan director para as zonas verdes da cidade
luns, 28 nov 2011Os tres grupos políticos aprobaron no Pleno deste luns a moción popular de elaborar un plan director para a conservación dos parques, espazos libres e zonas verdes da cidade. O Pleno tamén acordou habilitar un sistema identificador dos vehículos de asistencia a domicilio e dos profesionais sanitarios e aprobar o regulamento de Participación Cidadá e medidas de apoio ás asociacións veciñais.
O Pleno aproba destinar 1,9 millóns de euros ao pago da sentenza urbanística de Nebrija
luns, 28 nov 2011O goberno local sacou este luns adiante a modificación de crédito para adicar 1,9 millóns de euros -orzamentados este ano polo Concello para o primeiro pago das expropiacións da depuradora- á abonar a sentenza urbanística de Nebrija, ámbito ilegalizado polos xulgados. Os socialistas aceptaron a enmenda nacionalista de desvincular esta decisión á prórroga de Aqualia e ambos grupos aprobaron o acordo coa oposición do Partido Popular.
PSOE e BNG instan á Xunta a rectificar os recortes de finanzamento no Plan Concertado
luns, 28 nov 2011Os votos de socialistas e nacionalistas deron luz verde a sendas mocións que coincidiron hoxe luns ao reclamarlle á Xunta de Galicia a rectificar, a través das medidas urxentes necesarias, os recortes implantados polo Goberno galego no Plan concertado e garantir, a lo menos, a cobertura orzamentaria de 2009.
O Pleno aproba definitivamente a conxelación real das tasas municipais para 2012
luns, 31 out 2011A concelleira de Facenda, Raquel Díaz, presentou no Pleno da Corporación para a súa aprobación definitiva a conxelación real dos impostos e taxas municipais para o próximo ano. Tal e como indicou, aplícase así o IPC do 3,8% interanual do mes de abril, como ven sendo habitual no Concello de Vigo. "A proposta consolida Vigo como unha das cidades con menor carga fiscal e mellores servizos", apuntou.
A Corporación insta á Xunta e ao Goberno de España a que Vigo sexa incluída na rede transeuropea de alta velocidade
luns, 31 out 2011Cos votos favorables de socialistas e nacionalistas e a abstención do PP deuse luz verde na sesión plenaria desta mañá a unha moción que insta á Xunta e ao Goberno Central a que Vigo sexa incluída na rede transeuropea de alta velocidade ferroviaria. O texto aprobado, defendido polo socialista, Carlos López Font, tamén solicita que a Unión Europea refaga os seus estudos sobre a rede portuaria europea para percibir a importancia da terminal viguesa no transporte de mercadorías e de pesca e que sexa incluido como nodo central de transporte marítimo e terrestre.
O Pleno reclama á Xunta que conceda a Peinador a mesma achega económica que ao aeroporto de Santiago
luns, 31 out 2011Os grupos políticos socialista e nacionalista, coa oposición do PP, aprobaron este luns unha moción do PSdeG instando ao goberno autonómico a conceder axudas da mesma magnitude ao aeroporto de Vigo e de Santiago, para evitar a competencia desleal. O acordo tamén reclama que a Xunta de Galicia elabore un plan equilibrado para as tres terminais aeroportuarias galegas.
O Pleno acorda por unanimidade investigar supostas irregularidades dun funcionario
luns, 24 out 2011Os tres grupos políticos con representación municipal -PP, PSdeG e BNG- acordaron este luns, en sesión plenaria extraordinaria, a creación dunha comisión de investigación para esclarecer a actuación dun auxiliar administrativo da Xerencia municipal de Urbanismo, así como a denuncia presentada contra a oferta pública de emprego. O concelleiro de Persoal, Carlos Font, asegurou que a investigación "chegará ata o final".