O Pleno contará cun novo regulamento orgánico 22 anos despois de aprobarse o actual

luns, 31 mai 2010

Os grupos políticos do BNG e do PSdeG presentaron e aprobaron inicialmente este luns un novo regulamento orgánico de funcionamento do Pleno da Corporación de Vigo, que substituirá ao actual, que data de 1988. O novo texto, de 101 artigos, "axústase á lei" e nace como foro de debate político e órgano de fiscalización do goberno. O PP opúxose principalmente por discrepanzas co idioma e co número de mocións estipuladas para cada sesión.

Os grupos políticos acordan unha moción para estudar medidas que atendan ás mulleres prostituídas

luns, 31 mai 2010

Os tres grupos -PP, PSdeG e BNG- acordaron este luns instar ao goberno municipal a estudar medidas de atención ás mulleres prostituídas, para o que contará coa Mesa da Violencia recentemente constituída e co informe sobre o estado do Plan Integral de Liota contra a trata de seres humanos con fines de explotación sexual. Ademais, instase ao Concello a elimina a publicidade de clubs de alterne de espazos municipais.

O Pleno aproba unha enmenda para unha fusión "paritaria e equilibrada" das caixas de aforro galegas

martes, 11 mai 2010

O Concello vigués debatiu hoxe unha moción presentada polo alcalde, Abel Caballero, na que se pedía a presidencia da nova caixa para Julio Fernández Gayoso, la dirección xeral para José Luis Pego, a maioría no comité de dirección e no Consello de administración da nova caixa e a sede en Vigo ademáis da derogación ou suspenso da Lei de caixas. Finalmente BNG e PP votaron a favor dunha enmenda nacionalista de substitución, co PSdeG en contra, na que abógase pola paridade.

O Pleno acorda por unanimidade denominar a parte da rúa Fontáns como "Antía Cal (pedagoga)"

luns, 26 abr 2010

Os tres grupos da Corporación votaron a prol de distinguir a pedagoga e fundadora do centro educativo Rosalía de Castro Antía Cal para nomear a parte da rúa Fontáns. O Pleno acordou asemade outras denominacións de rúas: Espadanal, en Candeán; Pedregal, en Valladares; A Latiña, en Beade; Camiño da Carpinteira, en Matamá; e Alameda do Párroco Xesús Alonso Valverde, en Sárdoma.

O Concello insta á Xunta de Galicia a adaptar o Plan do Litoral ao PXOM vigués ou a súa retirada

luns, 26 abr 2010

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, explicou que considera "excesivo e abusivo" a afección do Plan autonómico á cidade, e defendeu a súa adaptación ao Plan Xeral, xa acorde ás leis de preservación do litoral. O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, avogou pola retirada dun texto que "destrúe e bloquea o noso crecemento" e o grupo municipal do PP defendeu este "instrumento comprometido coa sostibilidade e a paisaxe".

Raquel Díaz subliña que o orzamento de 2009 posibilitou un "maior gasto por habitante e menor endebedamento"

luns, 26 abr 2010

Na presentación ao Pleno da liquidación do exercizo económico municipal do pasado ano, a concelleira de Economía e Facenda salientou que as contas do Concello permitiron realizar investimentos por valor de 104 millóns de euros, xerar emprego e humanizar cen rúas, mostra da "capacidade de xestión deste goberno". A oposición denunciou "déficit" nas cifras, que Díaz achacou á falta de parte do pago do Goberno de España polas obras do Plan E.

O pleno aproba un orzamento municipal para 2010 de 257 millóns, que prioriza os investimentos e o gasto social

venres, 9 abr 2010

A Corporación ratificou hoxe venres as contas municipais para 2010, "o mellor orzamento que se pode presentar na cidade", asegurou a concelleira de Facenda, Raquel Díaz, co "obxectivo de transformar a cidade". O Pleno aprobou tamén un Plan Económico Financeiro ata 2012 que compromete 100 millóns de investimentos na cidade nos próximos anos, austeridade no gasto público e a non subida dos impostos, tal e como declarou a edil.