xoves, 25 mar 2010
A Corporación Municipal aprobou hoxe, nun pleno extraordinario, a concesión da Medalla da Cidade 2010 á Universidade de Vigo, e que se entregará no acto institucional que terá lugar o venres, día 26, ás 20 horas, na sala de exposicións da Zona Franca. No transcurso do acto tamén entregaranse os galardóns dos Vigueses Distinguidos 2010 que serán Aurelio Pérez, a Cooperativa de Armadores, Diálogos 90, Escolas Ramón Nieto, Fogar e Clínica San Rafael, Sociedade Helios de Bembrive e Teo Cardalda.<br />
<br />
luns, 22 mar 2010
O representante do comité de empresa da conserveira, José Fernández Piñeiro, compareceu hoxe luns no Pleno vigués para solicitar dos tres grupos políticos o apoio á súa demanda de mantemento dos postos de traballo. A Corporación respaldou o mantemento dos empregos, o dereito dos traballadores sobre os 26 millóns de plusvalías xeradas da parcela e a presenza do comité de empresa nas eventuais negociacións con outros inversores.
luns, 22 mar 2010
Coa oposición do PSOE, o Pleno da Corporación Municipal deu o seu visto bó ao manifesto "Galicia ten Dereito", rubricado fai semanas polos empresarios e os sindicatos galegos, e o PP e o BNG de Galicia. O texto defende o dereito de Galicia a decidir sobre o seu futuro financeiro e as competencias do Parlamento galego para elaborar a súa lei de caixas. O Pleno rexeitou unha enmenda do PSOE de defensa da permanencia de Caixanova en Vigo, mantendo a súa solvencia e a súa galeguidade.
luns, 22 mar 2010
Nunha dobre moción, en ambos casos coa oposición do PP vigués, o Pleno da Corporación deu hoxe o seu respaldo ás accións da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e á manifestación que promoven para o próximo 25 de marzo. Ademais, o Concello instou á Xunta de Galicia a remitir toda a documentación relacionada co novo hospital de Vigo que o goberno autonómico proxecta para a cidade.
luns, 22 mar 2010
Os tres grupos municipais apoiaron hoxe luns a proposta do Parlamento Europeo de declarar esta xornada para reivindicar a igualdade salarial, mediante unha declaración institucional no Pleno da Corporación. O Pleno aprobou tamén instar á creación dunha normativa que regule o mantemento dos elementos externos das edificacións, demandar da Xunta e da Deputación apoio ao Instituto de Estudos Vigueses, e reclamar ao goberno autonómico a residencia Altamar para o novo colexio.
luns, 22 mar 2010
O Pleno da Corporación de Vigo aprobou por unanimidade unha moción na que os tres grupos políticos apoian o Campus do Mar -o proxecto de excelencia impulsado pola Universidade de Vigo- e instan á Xunta de Galicia a que ceda os terreos necesarios da ETEA para tal fin. O Partido Popular enmedou unha moción proposta polo PSOE ao efecto, que recabou o visto bo dos tres grupos.
luns, 22 feb 2010
O pleno de corporación municipal aprobou hoxe en sesión extraordinaria unha moción na que manifesta o rexeitamento ao peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo e reclama a Xunta de Galicia que realice as xestións precisas para que o centro siga prestando os seus servizos na rede sanitaria pública. O pleno tamén validou inicialmente a modificación da ordenanza reguladora da Inspección Técnica de Edificios (ITE) pola que posibilitará o endurecemento da normativa nos casos de revisións dos edificios da cidade.