Escoitar

Pleno do Concello, sesión ordinaria correspondente ó mes de outubro

venres, 28 out 2011
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 22

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA CORRESPONDENTE AO MES DE OUTUBRO que terá lugar o día TRINTA E UN de OUTUBRO de 2011, ás nove horas, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores. (Sesións ordinarias do 5 e 8 setembro e extraordinaria do 8 setembro 2011).

2.- Declaracións institucionais.

2.1.- Declaración institucional do Concello de Vigo relativa á declaración como "Festa de interese turístico" á Festa da Reconquista da Vila de Vigo.

3.- Ditames das comisións informativas:

ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.1.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles.

3.2.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

3.3.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas.

3.4.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos documentos que expida ou de que entenda a administración do Concello ou a dos seus organismos autónomos a instancia de parte.

3.5.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas relativas ó servizo de transporte urbano de viaxeiros en automóbiles e lixeiros de aluguer con condutor (autotaxis e vehículos especiais ou de abono).

3.6.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servizos especiais por espectáculos e transportes.

3.7.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de prevención e extinción de incendios, prevención de ruínas de construcións, salvamentos e outros análogos.

3.8.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos ou taxas pola prestación dos servizos dos cemiterios municipais.

3.9.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos.

3.10.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola recollida do lixo.

3.11.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de inspección sanitaria e os de análises químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza.

3.12.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación dos servizos de sanidade preventiva, desinfección, desinsectación, desratización e destrución de calquera clase de materias e produtos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio ou por encargo.

3.13.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de limpeza de pozos negros, fosas sépticas, solares, e servizos similares así como a recepción de residuos na planta de transferencia.

3.14.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local.

3.15.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial de terreos de dominio público local con instalación de quioscos.

3.16.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamentos especiais con instalación de postos de venda na vía pública e, en xeral, en bens de dominio público municipal, autorizados ao amparo da ordenanza reguladora da venda na vía pública e espazos abertos.

3.17.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial da vía pública con estacionamento de vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais.

3.18.-Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de licenzas para construcións, obras e instalacións tramitadas pola Xerencia Municipal de Urbanismo así como pola administración do Concello.

3.19.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas por licenzas de actividades e instalacións.

3.20.- Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servizos que presta o organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo Zoo a través do seu parque zoolóxico.

3.21.-Aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de subministración de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais.

3.22.- Aprobación definitiva da ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación de ensinanzas especiais e outras actividades en establecementos municipais.

3.23.- Aprobación definitiva da ordenanza reguladora dos prezos públicos por utilización das instalacións deportivas municipais, pertencentes o "Instituto Municipal dos Deportes.

3.24.- Reclamación inventarial de D. José Roade Misa respecto do ramal 1 do Camiño Currás en San Miguel de Oia. Expte. 19182/240.

3.25.- Reclamación inventarial de D. Alfonso Rodríguez Vila, respecto do ramal 3 do Camiño Fontaíña en Cabral. Expte. 19129/240.

3.26.- Reclamación inventarial de Dª Mª Luz Fernández Mariño, respecto do ramal 1 do Camiño Ceán en Coruxo. Expte. 1136/244.

3.27.- Incremento da contía global destinada a complemento de incentivos ao rendemento (complemento de produtividade) no orzamento vixente do Concello para o exercicio de 2011.

MEDIO AMBIENTE, XUVENTUDE E IGUALDADE
3.28.- Ratificación de acordo sobre a composición do Consello Municipal da Muller. Expte. 5124/224.

XESTIÓN MUNICIPAL E MOBILIDADE
3.29.- Proposta de festivos locais para o ano 2012. Expte. 334/1101

3.30.-Nomeamento de segundo representante no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra. Expte. 1700/500 (Rexistro Pleno 321/1101)

4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal Socialista demandando da Consellería de Sanidade a revogación da orde de suspensión das consultas de saúde xinecolóxica. Expte. 326/1101.

5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia axudas para o aeroporto de Vigo. Expte. 338/1101.

5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista solicitando instar á Xunta de Galicia e ao Goberno de España que a cidade de Vigo sexa incluída na rede transeuropea de alta velocidade ferroviaria. Expte. 339/1101.

5.4.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando esixir ao Ministerio de Fomento a inclusión de Vigo na rede transeuropea de transportes como nó ferroviario prioritario. Expte. 342/1101.

6.- Asuntos urxentes.

PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

1.3.- Dar conta de resolución de Alcaldía do 07.10.2011, de delegación da competencia para a aprobación dos padróns fiscais dos distintos tributos municipais na concelleira de Economía, Facenda e Educación.

1.4.- Dar conta de resolución de Alcaldía do 13.10.2011, de nomeamento de vicepresidentes das comisións do Pleno.

1.5.- Dar conta de resolucións da Alcaldía de delegacións temporais de competencias:

a) Do 27.09.11 na Área de Economía e Facenda, Patrimonio e Educación.
b) Do 27.09.11 na Área de Cultura, Festas e Política de Benestar.
c)Do 05.10.11 na Área de Distritos, Parques e Xardíns e Limpeza.

2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.

4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal do BNG relativa ao albergue provisional na antiga Escola de Hostalería. Expte. 319/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando se acometa a obra do colector aliviadoiro da rúa Colón. Expte. 275/1101.

4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando do goberno municipal manter os programas de deporte para maiores. Expte. 311/1101.

4.a. Mocións urxentes

5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA CORRESPONDENTE AO MES DE OUTUBRO no salón de Plenos ao remate do Pleno convocado para as NOVE HORAS do día TRINTA E UN DE OUTUBRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quórum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.


Vigo, 27 de outubro de 2011
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda