xoves, 27 outubro 2011

O alcalde felicitou aos servizos municipais de emerxencia, que realizaron 148 intervencións polo temporal

xoves, 27 out 2011

Abel Caballero eloxiou este xoves o dispositivo de emerxencia municipal disposto ante a alerta laranxa da tarde de onte, que deixou en Vigo 97,4 litros por metro cadrado de precipitacións causando inundacións polo desbordamento do Lagares, en Julián Estévez e en Areal principalmente. O alcalde indicou que a cidade e as humanizacións comportáronse "francamente ben" e apuntou que o encoro de Eiras incrementou 20 puntos a porcentaxe de volume embaslada.

Carmela Silva revela que Urbanismo multiplicará en 2012 o orzamento para expropiacións e desenvolvemento do PXOM

xoves, 27 out 2011

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, adiantou este xoves algunhas das claves do orzamento de 2012 da Xerencia, unhas contas que multiplican por catro as partidas para desenvolver o Plan Xeral a través de asistencias técnicas e duplica as destinadas ás expropiacións. "Estamos envorcados en desenvolver o PXOM de Vigo", recordou a concelleira.

O Concello ofrecerá á Universidade espazo no edificio municipal de Areal para establecer o Reitorado

xoves, 27 out 2011

Tras unha entrevista co Reitor celebrada hoxe xoves, o alcalde de Vigo explicou que o goberno está a finalizar a distribución do edificio municipal de Areal e avanzou que ofertará á Universidade un espazo no devandito inmoble para o establecemento do Reitorado. Abel Caballero acordou con Salustiano Mato a participación municipal nun proxecto formativo vencellado ao Campus do Mar.

Os comedores escolares desenvolven o programa "Pescado la Mar de Sano"

xoves, 27 out 2011

Este venres 28 os 31 comedores escolares que xestionan as Anpas dos centros públicos de educación infantil e primaria, no marco do convenio de colaboración que ten asinado o Concello de Vigo e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de alumnos/as (FOANPAS), acollerán a xornada didáctica "Pescado la mar de sano" de fomento do consumo de peixe entre os 2.300 escolares usuarios deste servizo complementario.

O Verbum amosa 6 propostas emerxentes coa palabra como eixo principal

xoves, 27 out 2011

O museo Verbum amosa desde o día 27 de outubro a terceira edición do ciclo "6x6 Punto de encontro" que consiste na presentación de seis espectáculos de 18 creadores e creadoras emerxentes que teñen a palabra como eixo común. O espectáculo de hoxe, "A palabra falada" correrá a cargo das artistas Arantza Villar, Patxi Valera e Fredy, e terá lugar a partir das 20:30 horas.