Escoitar

Caballero encarga un estudo que avale que Vigo forme parte co corredor europeo de alta velocidade e que sexa porto nodal

O alcalde vigués avanzou hoxe que xa encargou un estudo a unha empresa viguesa para que faga a valoración das circunstancias que avalan que Vigo estea no corredor europeo de alta velocidade así como porto nodal. "Imos liderar desde a alcaldía a acción global de convencer a Europa de que temos que estar ahí", indicou hoxe martes o rexedor durante a súa comparecencia cos medios.

mércores, 26 out 2011
1319631229alcalde4.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, "liderará a acción global" de convencer a Europa de que a cidade ten que estar na rede europea de alta velocidade e de que o porto ten que ser considerado nodal". Así o indicou hoxe ao tempo que avanzou que xa encargou a unha empresa viguesa un estudo para que faga a valoración das circunstancias que avalan esta petición. Explicou que en dez días "teremos un resumo básico deste documento" e será nun prazo de 1 ou 2 meses cando o informe estará rematado . Nesta liña, asegurou contar nesta reinvidicación o apoio do Ministerio de Fomento "co ministro á cabeza" e lembrou que na proposta defendida por España na UE sí figuraba o trazado Oporto- Vigo-Ourense como corredor de alta velocidade europeo -ademáis de estar na rede española- "unha incorporación que foi desbotada polas autoridades europeas cando Portugal dixo que non quería figurar nese mapa". Caballero reiterou que o documento aprobado na UE "non é máis que un borrador", sujeto aínda a cambios técnicos, despois, -proseguiu- iniciarase un largo debate que rematará en 2014, pero "creo que Vigo estará ahí moito antes".

Asimesmo , anunciou que "en canto teña as conclusións do informe", se porá en contacto co presidente da Autoridade Portuaria para "trazar unha estratexia conxunta".
Descargar todas as imaxes