O alcalde mantén as medidas de emerxencia e recomenda consumo responsable de auga
As choivas rexistradas nos últimos días na cidade elevaron do 41,7 ao 46,02% o volume de auga embalsada en Eiras, o encoro que da servizo a Vigo, o que "alivia" a situación do abastecemento pero non invalida as medidas de emerxencia e consumo responsable adoptadas polo goberno de Vigo. Abel Caballero asegurou que, nestes días de precipitacións, a cidade gañou 10 días de consumo.
Con respecto ao pasado 20 de outubro, Eiras gañou volume de auga embalsada equivalente a dez días de consumo, ao que súmase estes seis dias de choivas. Aínda así, "permaneceremos moi atentos" a evolución das precipitacións.
O encoro de Zamáns tamén incrementou o volume de auga embalsada nun 1,2%, pasando do 35 ao 36,2% nestes seis dias, cantidade equivalente a uns tres días de consumo, segundo revelou Caballero. Trátase dunha "magnífica nova" para o alcalde pero ainda non resolveu o problema do abastecemento de auga no territorio.