Escoitar

O alcalde asegura ao grupo Imán que Vigo terá un dispositivo de emerxencia previo ao albergue

Abel Caballero reuníuse este martes co colectivo social, a quen garantiulles que a cidade contará cun albergue municipal. Tamén aseguroulles o rexedor que, de adiantarse o frio e non estar o centro de inclusión social dispoñible, o goberno de Vigo abrirá un dispositivo de emerxencia para os sen teito ata a apertura do albergue. O alcalde informoulles do estado das obras no edificio da antiga Escola de Hostelería, no Berbés, e das xestións en marcha cos Misioneros do Silencio.

martes, 25 out 2011
1319544211albergue.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes ao grupo Imán a apertura dun dispostivo de emerxencia para os sen teito no caso de que cheguen as baixas temperaturas antes da apertura do albergue.

Así o indicou tras unha entrevista co grupo Imán, onde Caballero informoulles que o goberno local manexa dúas opcións para centro de inserción social: a antiga sede da Escola de Hostelería -no Berbés- e a sede das Misioneiras do Silencio. O inmoble do Berbés xa está en obras, unhas reformas imprescindibles para calquera uso municipal, namentres as conversas para a segunda opción continúan en marcha.

O rexedor vigués asegurou ao colectivo social que Vigo contará cun albergue municipal e non pararán os traballos na Escola de Hostelería ata ter pechada a alternativa das Misioneiras do Silencio. De chegar o inverno antes da apertura, Caballero comprometeu a disposición dun dispositivo de frío.
Descargar todas as imaxes