O alcalde felicitou aos servizos municipais de emerxencia, que realizaron 148 intervencións polo temporal
Abel Caballero eloxiou este xoves o dispositivo de emerxencia municipal disposto ante a alerta laranxa da tarde de onte, que deixou en Vigo 97,4 litros por metro cadrado de precipitacións causando inundacións polo desbordamento do Lagares, en Julián Estévez e en Areal principalmente. O alcalde indicou que a cidade e as humanizacións comportáronse "francamente ben" e apuntou que o encoro de Eiras incrementou 20 puntos a porcentaxe de volume embaslada.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou aos servizos municipais de emerxencia pola actuación no temporal de onte, onde realizaron 148 intervencións durante a tarde.
Segundo datos ofrecidos polo alcalde, ata as 8 horas de hoxe, Vigo rexistrou 97,4 litros de auga por metro cadrado, cifra que no aeroporto chegou aos 105 litros. Na hora previa ás 16:30 horas, as precipitacións acadaron os 25 litros/m2. Ante este tempora, a Policía Local realizou 76 actuacións, os bombeiros outras 35 e os servizos da Concellería de Fomento fixeron 37 intervencións.
Os principais problemas rexistráronse no Areal, en Julián Estévez, en Olímpicos, en Caramuxo e en Beiramar, á altura do astaleiro Barreras. Caballero indentificou tres focos das inundacións, derivados do desbordamento do Lagares e dos problemas "estruturais" en Julián Estévez e Areal, por debaixo do nivel do mar nas mareas vivas.
A cidade e as humanizacións de rúas comportáronse "francamente ben", asegurou o primeiro edil vigués, quen puxo coma exemplo a rúa Colón, ubicación problemática tradicionalmente en caso de temporal.
Auga
O alcalde informou que as precipitacións rexistradas incrementaron o volume de auga embalsada nos encoros vigueses, principalmente en Eiras, onde ascendeu 20 puntos porcentuais con respecto a onte.
Caballero recordou que, sete días atrás, a porcentaxe de auga embalsada en Eiras era do 41%, e tras unha semana de choivas a cifra atópase no 65,5%, o que "xa nos da tranquilidade". O consumo público de auga continuará "con precaución", indicou, e requeríu da cidadanía viguesa que faga un uso normal da auga, con "responsabilidade".
O alcalde adiantou que o goberno local baldeará aquelas rúas onde sexa necesario por motivos de limpeza, e estudará as previsións metereolóxicas das próximas datas para avaliar un eventual retorno ao uso público habitual da auga.
Descargar todas as imaxes