O Concello ofrecerá á Universidade espazo no edificio municipal de Areal para establecer o Reitorado
Tras unha entrevista co Reitor celebrada hoxe xoves, o alcalde de Vigo explicou que o goberno está a finalizar a distribución do edificio municipal de Areal e avanzou que ofertará á Universidade un espazo no devandito inmoble para o establecemento do Reitorado. Abel Caballero acordou con Salustiano Mato a participación municipal nun proxecto formativo vencellado ao Campus do Mar.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que ofrecerá un espazo no edificio municipal do Areal para que a Universidade estableza o Reitorado.
Ao remate dunha entrevista con Salustiano Mato, o rexedor vigués dixo que o goberno de Vigo está a rematar coa distribución dos espazos do devandito inmoble municipal, onde a Universidade poderá contar cun local porque "é bo que o reitor teña presenza na cidade", en verbas de Caballero.
Da reunión celebrada este xoves saíu o acordo entre as partes de participar conxuntamente no proxecto "Accións" do Campus do Mar, polo que o Concello cooperará con axudas para cursos, coñecemento e participación en ámbitos formativos e informativos relacionados co Campus de Mar. Caballero desvelou que estes apoios irán dirixidos aos docentes e ao alumnado de FP e colexios vigueses, co obxectivo de "aproveitar sinerxias" entre o Campus do Mar e o sistema educativo local.
Outros acordos
Abel Caballero informou tamén que Concello e Universidade abordaron hoxe as últimas fases da cesión municipal de terreo para o establecemento do CITEXVI, a Cidade Tecnolóxica de Vigo, un ambicioso proxecto innovador con vocación empresarial para o que o goberno local cederá o solo a través dun convenio.
Por outra banda, o alcalde explicou ao reitor da Universidade viguesa que o goberno local está a culminar o deseño da nova sinalización dos accesos ao campus universitario.
Descargar todas as imaxes