Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 27 out 2011
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 28 DE OUTUBRO DE 2011.



1.- Acta da sesión ordinaria do 21 de outubro de 2011.


ALCALDÍA
2.- Subvención por importe de 17.700 € a favor da Agrupación de Antigos Xogadores do RC Celta de Vigo. Expte. 7427/101.

DEPORTES
3.- Devolución de aval a Control Central Música y Arte constituído polo evento NBA BBVA Experience on Tour. Expte. 10737/333.

FESTAS
4.- Devolución de aval a Hidoestructuras S.L. polo contrato de obra para a reforma e adecuación do Auditorio municipal de Castrelos. Expte. 4308/335.

FOMENTO
5.- Indemnización substitutiva por importe de 179.799,48 € a favor de Silverio Rivas Alonso pola adquisición dun conxunto escultórico con motivo da celebración do Bicentenario da Cidade. Expte. 1056/440.

6.- Addenda nº1 ao Convenio subscrito pola Xunta de Galicia, o Organismo Autónomo Augas de Galicia e o Concello de Vigo con Aguas de la Cuenca del Norte, como usuarios da actuación hidráulica "Saneamentos de Vigo". Expte. 1049/440.

7.- Proxecto básico e de execución para adecuación dun local como Escola Infantil na Dobrada, rúa Martínez Garrido nº 29. Expte. 2021/443.


IGUALDADE
8.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Federación Veciñal Eduardo Chao e o Concello de Vigo para coadxuvar o financiamento das "XVIII Xornadas Veciñais" e o "Programa de integración do enfoque de xénero nas asociacións veciñais de Vigo". Expte. 4990/224.




MONTES, PARQUES E XARDÍNS
9.- Devolución de aval a Ignacio Fernández Lorenzo constituído pola instalación dunha estada en zona verde da rúa Casiano Martínez nº 20. Expte. 6275/446.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
10.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de contrato menor no Servizo de Normalización Lingüística durante o mes de setembro de 2011. Expte. 1325/334.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
11.- Proposta de autorización de gasto a favor de D. Francisco J. Gutiérrez Orúe para realizar o curso "Técnico Superior de Xestión de Programas de Emprego". Expte. 5442/320.

PATRIMONIO
12.- Recurso de reposición interposto por D. José Antonio Camblor García (Comunidade de Propietarios Edificio nº 10 r/Couto de San Honorato) en relación coa recuperación de oficio da posesión municipal da zona porticada en dito edificio. Estimado. Expte. 19048/240.

RECURSOS HUMANOS
13.- Complemento de produtividade do persoal do Servizo de Cemiterios por xornada partida correspondente ao mes de setembro de 2011. Expte. 22429/220.

14.- Complemento de produtividade do persoal do Servizo de Parque Móbil, por conducir maquinaria pesada correspondente ao 3º trimestre 2011. Expte. 22430/220.

SEGURIDADE
15.- Devolución de avais:
a) Construcciones Sito y Fernández S.L. Expte. 81335/210.
b) Asociación de Festas Virxe do Rosario de San Andrés de Comesaña. Expte. 81328/210.

URBANISMO
16.- Aprobación definitiva das bases e estatutos da Xunta de Compensación da APR "AOD A-4-05 Hispanidade". Expte. 5003/401.


17.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 28 de outubro de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 26 de outubro de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.