Escoitar

Mais de 30 xoves participaron no taller de horta urbana da Concellería de Xuventude

Esta fin de semana remata a primera fase do taller de horta urbana da Concellería de Xuventude. Trátase dunha iniciativa que se ven desenvolvendo durante este ano dirixido á mocidade de Vigo.<br />

venres, 28 out 2011
1319804964xuventude1.jpg
Na primera fase do proxecto consistíu na creación da horta urbana nos terreos que rodean a Casa da Xuvenude, en López Mora 31. Organizáronse dous talleres formativos dirixidos a mozos e mozas de Vigo de ata 35 anos de idade. Participaron un total de 30 mozos/as a razón dun día ao mes nos que se desenvolveron todas as labores propias do proceso completo de implantación e creación dunha horta urbana. Esta formación práctica se complementou con talleres prácticos de elaboración de produtos de consumo e uso doméstico- marmeladas, cremas cosméticas...-.

A iniciativa foi moi ben acollida dende o principio e moi positivamente valorada nas avaliacións finais nas que se insiste na continuidade e ampliación da actividade.
Descargar todas as imaxes