Aprobación inicial do proxecto de urbanización AOD A-3-37 Tomás Paredes
A Xunta de Goberno Local en sesión do 7 de outubro de 2011 adoptou o seguinte acordo:
PRIMEIRO: De conformidade cos informes do Enxeñeiro Técnico de OO.PP. da Xerencia Municipal de Urbanismo de 01.07.2011, e da Técnica de Medio Ambiente da Oficina de Planeamento e Xestión de 27.06.2011, aprobar inicialmente o «PROXECTO DE URBANIZACIÓN DA AOD APR A-3-37 TOMÁS PAREDES 1», promovido pola Xunta de Compensación do ámbito de referencia, cun orzamento de execución por contrata de 923.902,22€, condicionado á constitución dun aval bancario polo 100% da citada cantidade antes da aprobación definitiva do proxecto, e na súa execución á explanación da parcela de cesión municipal destinada a vivenda ata conseguir a súa rasante definitiva, con cargo ás obras de urbanización; así mesmo, a Xunta de Compensación debera sufragar con anterioridade á aprobación definitiva do proxecto de urbanización as cargas urbanísticas imputadas provisionalmente á «AOD APR A-3-37 TOMÁS PAREDES 1», sen prexuízo da súa ulterior liquidación definitiva.
SEGUNDO: Someter a información pública o estudo de impacto ambiental e o proxecto técnico de urbanización polo prazo de 30 dias hábiles, mediante a publicación de anuncios no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior circulación na provincia, notificando a súa apertura aos propietarios de terreos comprendidos dentro do ámbito a ás mercantís subministradoras de servizos "R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A.", "Telefónica de España, S.A.", "Unión Fenosa S.A.", "Aqualia, S.A." e "Gas Galicia S.A.".
Simultaneamente, formularanse consultas respecto do estudo de impacto ambiental, con expreso requirimento dos informes complementarios a que houbese lugar, aos seguintes organismos: Dirección Xeral de Patrimonio, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Dirección Xeral de Sustentabilidade e Paisaxe, Augas de Galicia e Concello de Vigo
TERCEIRO: Notificar o contido íntegro deste acordo ao interesado e aos propietarios dos terreos incluídos no ámbito, e dar conta del aos servizos municipais de Electromecánicos, Montes, Parques e Xardíns, Mobilidade, Transportes e Seguridade, OSPIO, e tamén ás empresas "R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A.", "Telefónica de España, S.A.", "Unión Fenosa S.A.", "Aqualia, S.A." e "Gas Galicia S.A."». "
Sométese o expediente número 4975 ao trámite de información pública polo prazo de vinte días mediante a publicación de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados dende o derradeiro anuncio.
A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.
O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, para todas e todos aqueles interesados directamente afectadoss que por resultar descoñecidos ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificados persoalmente.