Escoitar

A Vigo Convention Bureau liderará a promoción aeroportuaria do Concello de Vigo

Abel Caballero avanzou hoxe venres que a Vigo Convention Bureau será a institución que lidere a promoción aeroportuaria do Concello de Vigo. Precisou que o obxectivo é potenciar voos peninsulares, ás illas, ademais de manter París e Londres, "coa idea de poder facturar desde Vigo a calquera destiño a través do aeroporto de Heathrow".

venres, 28 out 2011
1319804810vcb.jpg
A Vigo Convention Bureau será a institución que lidere á promoción aeroportuaria do Concello de Vigo, segundo explicou hoxe venres o alcalde, Abel Caballero logo da xuntanza dos membros do Padroado do organismo. Explicou que o obxectivo é potenciar voos peninsulares e ás illas, ademais de manter as conexións de París e Londres, coa idea de poder facer facturacións directas desde Vigo a calquera destiño a través de Heathrow. O rexedor insistiu en que Francfurt "segue a ser destiño preferente", aínda que recoñeceu dificultades "porque non hai slots".

Durante a súa intervención, Caballero mostrouse "encantado" coa idea de que a Confederación de Empresarios de Pontevedra pretendan crear un organismo provincial para potenciar o aeroporto, dándolle aos empresarios "a benvida á defensa de Vigo". Confirmou a presenza do Concello neste futuro organismo e confiou en que a Deputación aporte "alomenos o mesmo que nós para promocionar Peinador". Na mesma liña, animou á Xunta a "contribuir" e lembrou que a administración autonómica dedicará 1 millón de euros anuais durante tres exercios a financiar unha compañía de baixo custo no aeroporto de Santiago de Compostela.
Descargar todas as imaxes