O pleno aproba a ordenanza que regula as axudas á rehabilitación de vivendas do Casco Vello e Bouzas

luns, 6 set 2010

O pleno da corporación municipal aprobou hoxe por unanimidade a ordenanza reguladora das axudas á rehabilitación de vivendas defendida polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. O edil nacionalista destacou na súa intervención a importancia que teñen os plans de rehabilitación de vivendas e a instalación de novos servizos para frear o despoboamento do Casco Vello e do barrio histórico de Bouzas.

O Pleno insta á Xunta de Galicia a mellorar o sistema galego público de servizos sociais

luns, 26 xul 2010

A proposta do BNG, o goberno municipal aprobou coa oposición do PP unha moción para pedir ao executivo autonómico melloras como a implantación da Tarxeta Social Galega, a elaboración dunha lei galega de inclusión social ou a revisión urxente da regulación da renda de integración social, entre outras. O Pleno tamén aprobou solicitar da Xunta o mantemento da educación permanente de adultos.

A Corporación modifica o Plan Especial de San Roque e debate sobre a ubicación do albergue

luns, 26 xul 2010

A modificación do PERI da San Roque, que afeta á parcela municipal proposta para a edificación dun albergue en Ribadavia, xerou un debate plenario entre os tres grupos políticos sobre a ubicación definitiva do centro de inclusión social que prevé construir o Concello. Por outra banda, o Pleno validou unha modificación de crédito para que Educación invista 244.000 euros máis en melloras en dez centros educativos de Vigo.

O Concello estudará mellorar a axilidade da Central de Comunicacións da Policía Local

luns, 26 xul 2010

O Pleno da Corporación Municipal celebrado este luns aprobou por unanimidade que o goberno municipal estude as posibilidade de mellora da centralita da Policía Local, para asegurar a maior axilidade na prestación de servizos e singularmente na atención das emerxencias. O Pleno tamén acordou, a instancias do PP, a constitución da Comisión de Xustiza e a realización de melloras nos parques de A Guía e A Riouxa.

Ángel Rivas cifra nun 20% o incremento da participación cidadá na vida municipal no ano 2009

luns, 28 xuñ 2010

O concelleiro de Distritos e presidente da "Comisión de Queixas e Suxestións" presentou este luns ante o Pleno da Corporación o balance da actividade da devandita mesa no ano 2009, no que producíuse un incremento do 20% sobre 2008 na presentación de queixas, suxestións e parabéns. O socialista achacou este ascenso na participación á "actitude de transparencia e eficacia do goberno municipal", que reduxo á metade o tempo de resposta.