Pleno da Corporación
O pleno aproba un orzamento municipal para 2010 de 257 millóns, que prioriza os investimentos e o gasto social
venres, 9 abr 2010A Corporación ratificou hoxe venres as contas municipais para 2010, "o mellor orzamento que se pode presentar na cidade", asegurou a concelleira de Facenda, Raquel Díaz, co "obxectivo de transformar a cidade". O Pleno aprobou tamén un Plan Económico Financeiro ata 2012 que compromete 100 millóns de investimentos na cidade nos próximos anos, austeridade no gasto público e a non subida dos impostos, tal e como declarou a edil.
A Universidade de Vigo galardonada coa Medalla da Cidade
xoves, 25 mar 2010A Corporación Municipal aprobou hoxe, nun pleno extraordinario, a concesión da Medalla da Cidade 2010 á Universidade de Vigo, e que se entregará no acto institucional que terá lugar o venres, día 26, ás 20 horas, na sala de exposicións da Zona Franca. No transcurso do acto tamén entregaranse os galardóns dos Vigueses Distinguidos 2010 que serán Aurelio Pérez, a Cooperativa de Armadores, Diálogos 90, Escolas Ramón Nieto, Fogar e Clínica San Rafael, Sociedade Helios de Bembrive e Teo Cardalda.<br /> <br />
O Pleno respalda o dereito dos traballadores de Alfageme sobre as plusvalías da parcela
luns, 22 mar 2010O representante do comité de empresa da conserveira, José Fernández Piñeiro, compareceu hoxe luns no Pleno vigués para solicitar dos tres grupos políticos o apoio á súa demanda de mantemento dos postos de traballo. A Corporación respaldou o mantemento dos empregos, o dereito dos traballadores sobre os 26 millóns de plusvalías xeradas da parcela e a presenza do comité de empresa nas eventuais negociacións con outros inversores.
A Corporación apoia o manifesto "Galicia Ten Dereito" a prol da fusión das caixas galegas
luns, 22 mar 2010Coa oposición do PSOE, o Pleno da Corporación Municipal deu o seu visto bó ao manifesto "Galicia ten Dereito", rubricado fai semanas polos empresarios e os sindicatos galegos, e o PP e o BNG de Galicia. O texto defende o dereito de Galicia a decidir sobre o seu futuro financeiro e as competencias do Parlamento galego para elaborar a súa lei de caixas. O Pleno rexeitou unha enmenda do PSOE de defensa da permanencia de Caixanova en Vigo, mantendo a súa solvencia e a súa galeguidade.
O Pleno apoia a manifestación pola sanidade pública e reclama á Xunta documentación sobre o novo hospital
luns, 22 mar 2010Nunha dobre moción, en ambos casos coa oposición do PP vigués, o Pleno da Corporación deu hoxe o seu respaldo ás accións da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e á manifestación que promoven para o próximo 25 de marzo. Ademais, o Concello instou á Xunta de Galicia a remitir toda a documentación relacionada co novo hospital de Vigo que o goberno autonómico proxecta para a cidade.
O Concello súmase a declarar o 22 de febreiro como o día internacional da igualdade salarial de homes e mulleres
luns, 22 mar 2010Os tres grupos municipais apoiaron hoxe luns a proposta do Parlamento Europeo de declarar esta xornada para reivindicar a igualdade salarial, mediante unha declaración institucional no Pleno da Corporación. O Pleno aprobou tamén instar á creación dunha normativa que regule o mantemento dos elementos externos das edificacións, demandar da Xunta e da Deputación apoio ao Instituto de Estudos Vigueses, e reclamar ao goberno autonómico a residencia Altamar para o novo colexio.
O Concello reclama da Xunta os terreos da ETEA necesarios para levar adiante o Campus de Excelencia Mariña da Universidade
luns, 22 mar 2010O Pleno da Corporación de Vigo aprobou por unanimidade unha moción na que os tres grupos políticos apoian o Campus do Mar -o proxecto de excelencia impulsado pola Universidade de Vigo- e instan á Xunta de Galicia a que ceda os terreos necesarios da ETEA para tal fin. O Partido Popular enmedou unha moción proposta polo PSOE ao efecto, que recabou o visto bo dos tres grupos.
O pleno apoia as medidas que eviten o peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo
luns, 22 feb 2010O pleno de corporación municipal aprobou hoxe en sesión extraordinaria unha moción na que manifesta o rexeitamento ao peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo e reclama a Xunta de Galicia que realice as xestións precisas para que o centro siga prestando os seus servizos na rede sanitaria pública. O pleno tamén validou inicialmente a modificación da ordenanza reguladora da Inspección Técnica de Edificios (ITE) pola que posibilitará o endurecemento da normativa nos casos de revisións dos edificios da cidade.