luns, 25 mai 2009
O pleno aprobou hoxe unha moción urxente demandando á Xunta a manter "un compromiso de mediación activa" e non "puramente formal" entre as partes no conflito do metal. A moción presentada conxuntamente polos grupos municipais do BNG e o PSOE, insta aos responsabeis autonómicos a "remover os obstáculos e facilitar as propostas que poidan dar cabida aos intereses razoables das dúas partes".
luns, 27 abr 2009
O goberno local asegura que, con esta proposta e a falta da validación dos técnicos do Ministerio de Cultura, solventan á vez a localización da Biblioteca estatal nun lugar céntrico e melloran as condicións da Escola nun lugar tamén do centro da cidade. O grupo municipal do Partido Popular opúxose pois considera que o Concello perde parte do seu patrimonio. <br />
venres, 3 abr 2009
A Corporación Municipal celebrou hoxe un pleno extraordinario, a instancias da FEMP, co fin de conmemorar os 30 anos da celebración das primeiras eleccións municipais democráticas, celebradas o 3 de abril de 1979. <br />
<br />
luns, 30 mar 2009
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo ratificou hoxe luns a normativa contra o botellón, que entrará en vigor 15 días despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. A ordenanza procura "facer de Vigo un modelo de convivencia e calidade de vida" e o goberno vigués xa avanzou que a aplicación da norma iniciarase na rúa Joaquín Loriga.
luns, 30 mar 2009
Cos votos a favor do goberno local e a oposición do grupo municipal Popular, a Corporación aprobou hoxe luns o texto modificado segundo a orde da Xunta de Galicia que valida o 1% do PXOM que resta por aprobar pola Consellería de Política Territorial.
luns, 23 feb 2009
A moción, presentada polo grupo municipal do PP, contou co respaldo do goberno local. Ademáis, o Pleno da Corporación aprobou por unanimidade a definición da situación urbanística da parcela na que opera a empresa Alfageme, así como incrementar as dotacións orzamentarias para o mantemento das instalacións dos centros educativos.