luns, 3 nov 2008
Cos votos do equipo de goberno e a oposición do grupo Popular, o Pleno aprobou hoxe luns de xeito provisional os orzamentos do Concello para 2009, que ascenden a 227 millóns de euros. O goberno salientou a "austeridade" dun documento que prioriza o gasto social e os investimentos na cidade.
luns, 27 out 2008
O Pleno da Corporación aprobou este luns por unanimidade a nova ordenanza que regula o contido e o funcionamento do rexistro municipal de soares e edificios a rehabilitar. Esta ratificación definitiva permite ao Concello instar aos propietarios á conservación en bo estado dos inmobles ou proceder a súa expropiación forzosa.
luns, 29 set 2008
O Pleno da Corporación Municipal acordou unha moción, fora da orde do día, na que fai patente a súa máis enérxica repulsa á campaña de inxurias e calumnias á que está sendo sometido o tenente de alcalde e membro da Corporación Municipal, Santiago Domínguez Olveira.
luns, 29 set 2008
A Corporación Municipal de Vigo aprobou hoxe luns cos votos en contra do Partido Popular as ordenanzas fiscais para 2009 que contemplan a actualización do IPC nas taxas e novas bonificacións no pago do IBI, nas prestacións de axuda no fogar, dos centros de día e das escolas infantís, e deducións para os vehículos ecolóxicos, entre outras.
xoves, 4 set 2008
Na presentación ao Pleno da Corporación do balance de actividades da institución no 2007, o Valedor destacou o urbanismo e a mobilidade e seguridade como os principais temas tratados , e salientou asemade que, no momento actual, practicamente o 50% do total dos expedientes abertos <br />
están resoltos.
xoves, 4 set 2008
A modificación orzamentaria para afrontar o pago foi aprobada cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, coa abstención do PP. Ademais, o Pleno deste xoves deu conta do estado de execución do orzamento correspondente ao segundo trimestre de 2008, ratificou a conta xeral do Concello do exercizo 2007 e aprobou inicialmente o Regulamento do Consello Sectorial das Migracións.