O goberno local amplía en 20 millóns o orzamento para facer fronte á crise económica e crear emprego
O Pleno da Corporación aprobou, coa oposición do PP, unha modificación orzamentaria de 20 millóns de euros para "implementar políticas activas que palien a crise e para xerar fórmulas con efectos positivos no emprego". As actuacións proxectadas abranguen todas as parroquias de Vigo, todas as áreas de goberno, e cumpren coa legalidade e a estabilidade orzamentaria da Concello, segundo afirmou o goberno local.
O goberno local aproobu este luns no Pleno ordinario da Corporación unha modificación orzamentaria de 20 millóns de euros para facer fronte á crise económica e crear emprego na cidade.
Coa oposición do Partido Popular, o Pleno validou unha ampliación que "responde á situación de crise da cidade", indicou o voceiro socialista, Carlos L. Font, e que atende ás necesidades do comercio e as melloras propostas polas Asociacións de Veciños para todas as parroquias de Vigo.
A medida xira en torno a dous eixos argumentais, facer fronte á crise e crear emprego, para o que abrangue todas as áreas de goberno con melloras en todas as parroquias de Vigo. A ampliación fará fronte ademais á axudas ao comercio vigués, a eventos como a World Fishing Exhibition -que celebrarase en setembro-, e á mellora de rúas no rural.
O voceiro socialista e concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, asegurou que a ampliación "cumpre cos requisitos de legalidade e estabilidade orzamentaria", "con transparencia" na acción municipal. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, ratificou que o que está a facer o goberno local coa modificación é "priorizar os orzamentos" para "aumentar o gasto social fronte á crise".
O grupo municipal popular opúxose á ampliación argumentando que o executivo local está "despilfarrando" e actúa "falta de dirección política" e "improvisación", polo que solicitou a retirada do expediente da orde do día do Pleno para "axustalo á legalidade".
Execución semestral
Nun punto anterior da orde do día, o Pleno debatíu o estado de execución do orzamento municipal de 2009 no seu primeiro semestre. Segundo indicou o PP, o gasto nos seis primeiros meses limítase a un 18,4% do total, tras o que o goberno local argumentou que o "importante é que xa está adxudicado o 71,84% do orzamento", pois mentres non rematen as obras non será efectivo o pago das mesmas.
Descargar todas as imaxes