O alcalde inaugurou á humanización de Fautino Álvarez, á primeira obra do "Plan Zapatero" rematada en España
O alcalde, Abel Caballero, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, inauguraron este venres simbólicamente a primeira das obras do Plan E rematada en España, a humanización da rúa Faustino Álvarez. O investimento superou os 175.000 euros e a reforma deu emprego a 14 persoas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, inauguraron simbólicamente este venres a humanización da rúa Faustino Álvarez, o primeiro proxecto do "Plan Zapatero" finalizado en España.
Esta humanización supuxo un investimento superior aos 175.000 euros que deron emprego a 14 traballadores e permitiu a reforma completa da rúa, favorecendo un maior uso peonil da mesma e renovando tanto os elementos arquitectónicos, os estéticos e os servizos básicos presentes na mesma (saneamento, alumado e telecomunicacións). Tamén se eliminaron as barreiras arquitectónicas que puidese haber na vía.
O alcalde salientou que a humanización de Faustino Álvarez foi a primeira obra do Plan E iniciada en España, e tamén é a primeira en rematar no Estado. Abel Caballero subliñou o "compromiso" cumprido de "mellorar a calidade de vida tamén nos barrios e nas parroquias viguesas".
O Fondo Estatal de Investimento Local, que se inclúe dentro do Plan Español de Estímulo do Emprego e a Economía (Plan E), permitiu contratar en Vigo a 1.490 persoas, que supón un 39% máis de emprego que as previsións iniciais do fondo.
O Goberno de España xa abonou o 70% dos 52,2 millóns de euros que percibe Vigo do Plan E, o 30% restante irase liberando conforme estean finalizados os proxectos, cuxo prazo de execución, segundo o decreto que aproba este fondo, non debe superar este ano 2009. O importe global adxudicado a Vigo é o maior de Galicia por ser a cidade máis poblada do territorio.
Descargar todas as imaxes