Escoitar

Dous castores europeos, os novos habitantes de Vigozoo

Vigozoo conta con dous exemplares de castores europeos, especie curiosa que poboou antigamente os ríos da Península Ibérica. Os animais foron cedidos polo "Servicio de Conservación de la Biodiversidad" do Goberno de Navarra.

venres, 24 xul 2009
1248440758castor.jpg
Cedidos polo "Servicio de Conservación de la Biodiversidad" do Goberno de Navarra, estes castores europeos (Castor fiber) procedentes do Centro de Recuperación de Ilundain (Pamplona), son considerados coma unha especie introducida de forma ilegal nos ríos do leste da Península Ibérica.

Ocupou os ríos do norte da Península en épocas prehistóricas, vivindo nas ribeiras de augas estancadas o de correntes lentas. Foi exterminado polo ser humano a causa da súa pel, carne suculenta e a súa glándula almiscleira, cuxa secreción era considerada medicinal.

Agora temos a oportunidade de achegarnos a unha especie anterga que coa súa presenza os ríos estaban máis vivos e máis ledos.
Descargar todas as imaxes