O Festiclown, que comeza o luns, ofrecerá máis de 150 actuacións en diferentes puntos da cidade
O Festiclown 2009, que se desenvolverá en Vigo entre os días 27 de xullo e o 1 de agosto, inundará as rúas, prazas e teatros de espectáculo, festa, formación e grandísimos profesionais do mundo do clown. Máis de 150 actuacións en diferentes espazos da cidade (Praza da Constitución, Príncipe, Zona peonil do Calvario, Montero Ríos, Centro Cultural Caixanova...), é a programación coa que se pretende dar cabida a todos os públicos, grandes e pequenos.
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López Carreira, manifestou , no transcurso da rolda de prensa de presentación, a súa satisfacción porque o Festiclown veña a Vigo para quedarse: "Conseguímolo. Despois da edición ponte do ano pasado, conseguimos que o Festival Internacional de Clown de Galicia viñera para Vigo e para instalarse na nosa cidade. O Festiclown encherá de cor as nosas rúas, cos e coas mellores clowns do mundo e Vigo convertirase no epicentro do clown".
A programación do Festiclown xira en torno a diferentes programas: O formaclown, que é unha acción formativa que se desenvolverá no Conservatorio do Castro e nas aulas do Centro Cultural Caixanova. Son 8 cursos de formación nos que están inscritas máis de 200 persoas.
O segundo programa é o Maraclown, que consiste na celebración de actuacións na rúa durante todo o día, de forma que o mundo do clown, o mundo da risa, chegará a todas e todos os vigueses.
O terceiro eixo de actuación é a Mostra Internacional, que nesta edición conta a súa vez con tres vertentes: A sección oficial (formada unicamente por mulleres), Isto non é Walt Disney (para os máis pequenos) e o festiclown&amig@s (onde actuarán aqueles artistas que apoiaron o Festiclown dende os seus inicios).
E por último, as Clownvocatorias, con moi bos espectáculos todos os días na Praza da Constitución a partir das 20:30 horas, e o proxecto solidario, que este ano se adicará a Palestina. Segundo explicou Manuel Vicente, membro da organización, o Festiclown adicará o diñeiro recadado á realización dun Festival de Pallasos/as en Palestina, coa intención de apoiar mediante a cultura a toda a poboación palestina.
Ademais de dar cabida aos mellores representantes internacionais do mundo do clown (Leo Bassi, Philippe Gaulier, Jango Edwards, Claudia Contin, entre outros), o Festiclown 09 tamén acollerá aos representantes do clown e do teatro galego e vigués.
Toda a programación do Festiclown: www.festiclown.org
Descargar todas as imaxes